publicidade hoxe

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia o pago das expropiacións das obras de mellora da estrada que vai a Cerceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, procederá aos pagos das expropiacións das obras de mellora da estrada que vai a Cerceda, ao seu paso por Mercurín, no Concello de Ordes, tal como anunciou o pasado día 3 a conselleira. Os veciños deberán presentarse os días 5 e 6 de abril na Casa do Concello desta localidade coruñesa, entre as 9.00 e as 11.00 horas.

Estas actuacións, que se preveen iniciar no mes de abril, executaranse entre os Pq. 0 e 7 da citada estrada e foron adxudicadas á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L., por un investimento de máis de 1,6 millóns de euros.

Esta obra, que conta cun prazo de execución dun 18 meses, redundará nunha maior comodidade nos desprazamentos e tamén nun incremento da seguridade viaria. Trátase dunha estrada, cuxa titularidade asumiu a Xunta, na que se levarán a cabo obras de ensanche e acondicionamento ao longo dun treito de arredor de 7 quilómetros.

Os traballos centraranse na ampliación da plataforma ata acadar un ancho de 9 metros, máis adaptado ás necesidades de mobilidade nesta zona, na que predominan os vehículos pesados, xa que é un dos principais accesos ás empresas de Cerceda, onde están industrias tan importantes como Sogama.

O proxecto tamén contempla intervencións nas principais interseccións, habilitaranse pequenos carrís de aceleración e desaceleración para favorecer as incorporacións e tamén semiglorietas que facilitarán os cambios de sentido en condicións de maior seguridade. Construirase unha glorieta no acceso ao complexo medioambiental de Sogama, o que permitirá realizar os xiros e todos os movementos coas máximas garantías de seguridade.

7 de marzo de 2017 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.