publicidade hoxe

Xuventude organiza os cursos de conversa en inglés e alemán para a mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Xuventude organiza unha nova edición dos cursos de conversa en inglés e alemán co obxectivo que a mocidade teña a oportunidade de mellorar as súas opcións de empregabilidade. Trátase dun curso de nivel medio de conversa en inglés e outro de progresión de básico en alemán de 30 horas lectivas cada un. Ofértanse 15 prazas para o primeiro e 20 para o segundo e a asistencia é gratuíta. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de febreiro.

Con estes cursos, o departamento que dirixe Sonia Outón proporciona aos mozos e mozas un instrumento básico para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral xa que na actualidade cada vez son máis as empresas que demandan un perfil de traballador ou traballadora con coñecemento de idiomas, especialmente inglés e alemán, debido á intensificación das transaccións comerciais de carácter internacional. Por outro lado, tamén hai que ter en conta a utilidade que o coñecemento destas linguas ten para o sector turístico local de cara á unha maior internacionalización da súa clientela. Este certificado resulta valioso á hora de presentar nos currículos para as buscas de emprego.

Este será o cuarto curso de conversa en inglés que organiza Xuventude. Como é de nivel medio o esíxese como requisito que os participantes dispoñan de título de Bacharelato ou equivalente, acreditación de nivel B1 ou superior de Escola Oficial de Idiomas. Ofértanse 15 prazas para mozos e mozas de 18 a 35 anos. As clases serán impartidas polo profesor nativo Ian Barry no Seminario do Auditorio os luns e mércores de 19:30 a 21:00 horas entre o 20 de febreiro e o 15 de maio. Para obter o certificado de aproveitamento será imprescindible contar cunha asistencia mínima do 80% das horas lectivas e ter superado as distintas probas.

O curso de alemán é o segundo que organiza Xuventude, polo que será de progresión do nivel básico. Hai 20 prazas para mozos e mozas de 16 a 35 anos e impartirase os martes e xoves, en horario de 19:0 0 a 21:00 horas entre o 21 de febreiro e o 20 de abril.

Os interesados en participar deben presentar entre o 7 e o 14 de febreiro o formulario de inscrición debidamente cuberto e coa documentación que se indica no mesmo no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas. A inscrición farase por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas en situación de desemprego. A lista de admitidos, así como a de agarda publicarase o 15 de febreiro.

6 de febreiro de 2017 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.