Tomiño prepara a 14ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño
O Concello de Tomiño eacuBam(Asociación de Cultivos do Baixo Miño) organizan os días 4 e 5 de marzo de 2017, a 14ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño.
A mostracontará un ano máis, con conferencias e xornadas técnicas, especialmente dirixidas aos profesionais do sector, así como coa segunda edición de “acuBam innovación”, un espazo destinado a resaltar de forma significativa aquelas melloras, avances ou novidades de cada un dos expositores.
Asemade, organízanseactividades complementarias, con exhibicións e presentacións para público xeral.
Entre as actividades destaca a conferencia “Presente e futuro da xardinería”a cargo de ÍñigoSegurola (Programas BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2), así coma o proxecto escolar “As nosas amigas as plantas” e a exposición de pintura e esculturade artistas da zona.
Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017 será a sostenibilidade, entendida como a convivencia harmónica de economía, sociedade e medio ambiente.
“A comarca do Baixo Miño é un paraíso natural onde o sector dos cultivos ten un peso económico importante. O obxectivo dos viveiros é seguir criterios sostibles nas súas producións, con boas prácticas agrícolas e unha conexión co seu entorno máis próximo, participando en proxectos educativos para a infancia e a mocidade”, comentan os organizadores.