publicidade hoxe

Todas as aulas do CRA Raíña Aragonta contan xa con auga das traídas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

As sete aulas coas que conta o CRA Raíña Aragonta ao longo das sete parroquias de Salceda contan xa con auga das traídas parroquiais, logo de que a Asemblea da Traída de Augas de Picoña aprobase a conexión á aula situada nesa parroquia, a única que ata día de hoxe non contaba con este servizo. Establecéndose unha colaboración mútua entre Concello e Traídas de Augas, estas foron aprobando os enganches en cada unha das aulas eximindo ao Concello do pago das cuotas de abonado, partindo da base de que a augavai destinada aos cativos e cativas da parroquia, quedando establecido ese requisito para o mantemento das condicións establecidas. O Concello ten financiado ás traídas de auga privadas obras de mellora, tanto no almacenamento como na distribución, así como nas tarefas de mantemento puntual que xurden con motivo de avarías e outros. Ademáis, as redes de distribución pasan case na súa totalidade por viais públicos municipais sen custe algún para as traídas.

O suministro a través das traídas parroquiais é o único xeito de garantir a calidade sanitaria da auga. Nos últimos anos, o Concello de Salceda eliminou as fontes de abastecemento mediante pozos nas aulas das diferentes parroquias, xa que non ofrecían ningún tipo de garantía ao carecer de sistemas de clorado. Para suplir esta carencia, ata o de agora, o Concello viña suministrando auga embotellada para o consumo dos cativos naquelas aulas nas que non se contaba co suministro de auga das traídas.

Tere Pérez, Concelleira de Ensino: “Completamos un proceso fundamental para o benestar dos nosos nenos e nenas, que agora contan con un servizo con tódalas garantías sanitarias precisas. Agradecemos o compromiso das traídas de augas cos cativos, e a boa disposición amosada á hora de facilitar os diferentes enganches en cada unha das parroquias. Seguiremos a defender o modelo de ensino implantado nas aulas do rural, e a traballar por que consigan as mellores condicións de uso”.

7 de febreiro de 2017 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.