publicidade hoxe

Sete empresas presentan as súas ofertas para a execución da senda entre o núcleo de Castro Ribeiras de Lea e o polígono industrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de Rei
A-
A+

Un total de sete empresas presentaron as súas ofertas para a execución das obras da senda entre o núcleo de Castro Ribeiras de Lea e o polígono industrial ao seu paso polo Concello de Castro de Rei, na estrada LU-115, que contarán cun investimento de case 50.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado 28 de decembro a licitación das actuacións das obras desta senda , que contará cun prazo de execución de 4 meses.

Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, na comarca da Terra Chá, na que a Xunta investirá case 1,5 millóns de euros na construción de 9 sendas que sumarán 8,3 quilómetros para favorecer desprazamentos cotiás seguros e sustentables.

O núcleo de Castro Ribeiras de Lea conta con beirarrúas actualmente, pero non existe un itinerario peonil ata o polígono industrial, situado a pouco máis de 200 metros do casco urbano, polo que neste proxecto defínese este percorrido peonil. Así, o treito obxecto das actuacións está comprendido entre o Pq. 10+000 (punto no que finaliza a beirarrúa existente en Castro Ribeiras de Lea) e remata no 10+230 (intersección de acceso ao polígono industrial).

As obras consistirán na execución dunha senda de formigón coloreado de 115 metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho, pola marxe esquerda da estrada.

Estas actuacións,que será cofinanciados ao 80% por el Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, teñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio, buscando menos contaminación acústica e mellorando a calidade do aire, ao reducir a emisión de gases contaminantes.

14 de febreiro de 2017 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.