publicidade hoxe

Rianxo celebra o IV Trofeo de Kayak de Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaRianxo
A-
A+

O vindeiro sábado 11 de febreiro disputarase o IV Trofeo Concello de Rianxo de kaiak de mar. Unha competición que abre a liga galega da modalidade e que conta cos patrocinadores dos últimos anos, o fabricante de piraguas Sipre e as dúas marcas de pas Bracsa sport e Adrio.

Como novidade este ano inclúese no formato da liga a modalidade de SUP en todas as categorías, unha modalidade que está en auxe e que atrae a moitos deportistas que queren probar a competir encima dunha táboa de surf.

Os principais favoritos ao triunfo na xeral ao termo das cinco competicións que compoñen o campionato ligueiro, chegan a Rianxo con toda a súa artillaría para empezar a tempada gañando. O actual campión de liga masculino 2016, o Club de Mar Ría de Aldán competirá con 44 deportistas, o que lle fai tamén favorito a gañar a xeral feminina, o Club Piragüismo Cambados con 28 padeeiros, xunto co Piragüismo Olívico e Kaiak Vigoson os equipos que máis competidores achegan á proba. En total os 24 clubs participantes  concentran a 270 protagonistas.

A regata dará comezo ás 16:00 sobre un percorrido de 5 quilómetros deseñado en forma de triángulo, polo cal os participantes darán dúas voltas. A entrega de premios realizarase na Lonxa Vella de Rianxo.

7 de febreiro de 2017 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.