publicidade hoxe

Rey Varela comparte a experiencia de COGAMI con Fanjul Fernández-Pita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Visita ás instalacións na capital galega

Visita ás instalacións na capital galega

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañou esta mañá ao director general de Políticas de Apoyo a la Discapacidad, Borja Fanjul Fernández-Pita, durante a súa visita ás instalacións de Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na capital galega. Alí, ambos responsables das políticas en materia de discapacidade puxeron en común as principais liñas de actuación que están a levar a cabo. Así mesmo, o titular estatal coñeceu de primeira man as actividades e servizos prestados pola asociación. Á visita tamén asistiu o, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

O encontro, no que percorreron as instalacións da entidade, serviu tamén para presentar a historia da organización e as actividades e servizos que desenvolve ao responsable das políticas en apoio á discapacidade a nivel estatal. O conselleiro agradeceu a visita de Borja Fanjul, “toda unha mostra de que tamén dende o goberno de España se respalda e apoia ás persoas con discapacidade da nosa comunidade”, engadiu o titular de Política Social.

Rey Varela subliñou que “COGAMI é un instrumento fundamental para dar voz ao colectivo e ás súas familias, na defensa dos seus dereitos e na consecución da plena integración social”. Por elo, o conselleiro reafirmou o seu compromiso e o do goberno galego con esta entidade. “Só en perfecta consonancia coas entidades do terceiro sector, poderemos lograr o noso obxectivo común: a plena integración de todos os galegos e galegas na sociedade”.

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

COGAMI nace no ano 1990 coa firme intención de dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no rural. Ademais deste obxectivo, hoxe COGAMI busca acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. COGAMI é un movemento asociativo que destaca polos seus valores e liderado na procura de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos a este colectivo.

2 de febreiro de 2017 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.