publicidade hoxe

Primagas canalizará e distribuirá gas natural na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A compañía enerxética Primagas canalizará e distribuirá gas natural no Concello da Guarda. O municipio pontevedrés é un dos puntos chave da expansión de Primagas en Galicia. Esta compañía preséntase como unha alternativa ao oligopolio de gasóleo actual, ofrecendo unha enerxía limpa e eficiente en zonas non urbanas que se encontran afastadas dos gasodutos principais.

“En Primagas poremos o noso foco nos próximos anos en atender esta demanda de gas natural. Pensamos que a nosa presenza será moi positiva para Galicia e as súas zonas rurais”, declara Joost Korver, director general de Primagas.

Nos vindeiros anos, Primagas investirá máis de 20 millóns de euros en Galicia. Está partida irá destinada a clientes, para axudalos nos cambios de gasóleo a gas, como a infraestruturas que leven o gas a vilas ou barrios enteiros. Ademais, tamén investirán en Galicia en instalacións para a almacenaxe de gas preto dos seus clientes para poder ofrecer así un servizo óptimo.

Primagas na Guarda

Está previsto que as obras de Primagas comecen nos próximos meses de verano e avancen de xeito que provoquen as menores molestias posibles á vila. Desta forma, as primeiras subministracións empezaranse a realizar a comezos do outono.

Ademais, a partires de verán habilitarán unha oficina comercial na Guarda, lugar no que se atenderá a todos aqueles que desexen beneficiarse do gas cidade.

Actualmente, Primagas está a traballar co Concello trazando o circuíto que realizará esta nova rede enerxética no municipio. “Fixemos un estudo detallado da zona e estamos a traballar coa administración para coordinalo todo e ocasionar as menores molestias posibles á vila, debido ás obras”, afirma Joost Korver.

Primagas é unha empresa especializada en gas, con máis de 20 anos de experiencia, para todo tipo de clientes das zonas non urbanas. Aparta do consumo familiar, tamén ofrecen gas propano ou gas natural licuado ás empresas e industrias.

Sobre Primagas

Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.

Primagas, con máis de 12.000 clientes en España, está formada por un cadro de persoal de 50 persoas e unha extensa rede de instaladores acreditados repartidos polo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas situadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e mais Segovia.
  

20 de febreiro de 2017 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.