Ponteceso homenaxea a Eduardo Pondal con motivo do 182 aniversario do poeta
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe no acto de homenaxe a Eduardo Pondal na casa natal do escritor, en Ponteceso, con motivo do 182º aniversario do seu nacemento. Para recordar o poeta, a fundación que leva o seu nome congregou esta mañá alumnos e alumnas de educación primaria de Ponteceso e de Meicende, que leron fragmentos da obra literaria do bardo de Bergantiños. Os versos do poeta tamén soaron ao remate da celebración, coa interpretación conxunta do himno galego por parte de todas e todos os participantes.