Ourense en Común insta a que o goberno evite a criminalización do dereito á protesta
OUeC insta a que o goberno evite a criminalización do dereito á protesta e manifestación, dereitosfundamentais na democracia.
“É tremendamente inxusto criminalizar ástraballadorassen asumir responsabilidades; sese dan estas mobilizacións é precisamente polasprácticas destegoberno, que non fixo o seutraballo en tempo en forma, e aíndahoxe continua alargando no tempo a situación. Convén lembrarlleao alcalde que oservizode limpeza de dependencias municipaismantense en precario desde o mes de abril do ano pasado, e que o novopregoxa se pospuxo tres veces“.
A protesta de onte, que encheu de papel a prazamaior, foi“totalmente pacífica, inofensiva e lícita, independentemente da aceptación que teña por parte da alcaldía. A precarización dos servizos e a colección de concursos desertos que acumula o Concello é o que ten que preocupar a Jesús Vázquez se quere evitar que a cidade se mobilice para criticar a súaxestión”.
Desde o inicio do conflito,Ourense en Común mantén a súasolidaridade e total apoioástraballadoras, sumándose ás protestas e reivindicacións na súaloita por unhascondicións dignas de traballo.