publicidade hoxe

Ourense cuantifica os danos causados polo temporal en 45.000 euros no que respecta a Servicio Eléctrico e Perímetro Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Logo do paso do temporal da pasada fin de semana, o Concello de Ourense cuantifica en 45.000 euros os danos causados. Así, desta cantidade, 40.000 euros corresponden a avarías no Servizo Eléctrico e os 5.000 euros restantes aos desperfectos causados no Perímetro Rural (pólas, árbores, etc).

O concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, agradece o traballo intenso dos traballadores municipais, tanto nas medidas de prevención adoptadas, como no traballo para paliar os efectos do temporal. Lembra neste senso que a cautela de pechar os parques da cidade foi adoptada, precisamente, para evitar danos persoais, algo que por fortuna non se produxo.

8 de febreiro de 2017 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.