publicidade hoxe

O rexedor de Ourense reúnese co representantes de distintos departamentos da Guardia Real

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
O alcalde de Ourense durante a reunión.

O alcalde de Ourense durante a reunión.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu esta mañá no Concello a representantes da Guardia Real (o comandante de Relacións Institucionais da Guardia Real, Francisco Javier Rodríguez; o comandante de Operacións, David Ramajo, e o tenente de Loxística da Guardia Real, Gonzalo de León), acompañados polo subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Donsel.

No transcurso da reunión de traballo, na que tamén participaron os concelleiros Jorge Pumar, Belén Iglesias e Carlos Campos, así como a intendente xefe da Policía Local, María Barrera, establecéronse as liñas de cooperación co Concello para a proposta formulada pola Guardia Real: realizar en Ourense un acto para dar a coñecer aos cidadáns as diferentes actividades e misións que realiza este corpo, que constitúe a representación das Forzas Armadas ao servicio da S.M. El Rey, ao estar formada por forzas do Exército de Terra, a Armada, Exército do Aire e Corpos Comúns das Forzas.

7 de febreiro de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.