publicidade hoxe

O “polbo á mugardesa” será un dos protagonistas de Xantar 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardos
A-
A+

O Concello de Mugardos estará presente no stand da Deputación da Coruña con material promocional sobre o municipio, sobre a gastronomía (ameixa) de Mugardos e principalmente sobre a súa receita estrela, o “polbo á mugardesa”, a quen este ano se lle dedica a 27ª edición dunha festa declarada de Interese Turístico de Galicia desde o 2009.

Pero será o sábado 4, ás 13:00 horas, na “Aula Gastronómica Galicia”, cando Mugardos asuma o protagonismo coa realización dun showcooking a cargo do cociñeiro mugardés Damián Alonso, que preparará o noso prato máis recoñecido para que o podan degustar os asistentes á feira .

2 de febreiro de 2017 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.