publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O pasado 5 de febreiro foi a data elixida para disputar na Baña o Campionato Galego de Cros Curto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaDeportes
A-
A+

A pasada xornada do domingo 5 de febreiro foi a data elixida para disputar na Baña o Campionato Galego de Cros Curto por equipos, así como o cadete e xuvenil individual e por equipos. Na categoría masculina absoluta, os atletas da Ximnástica lograron un ano máis subirse todo o máis alto do pódium, coroándose como campións galegos por equipos. Manuel Furtado venceu a proba con 12:32, e seguíronlle Rubén Diz en sexta posición con 13:00, Iván Docampo, Carlos Porto e Adrián Lago en oitava, novena e décima posición, respectivamente, cuns tempos de 13:04, 13:04 e 13:06. Na categoría feminina contamos coa presenza de Camila Alonso, novo atleta que demostrou a súa calidade ao quedar en segunda posición absoluta, cun tempo de 14:43.

Nas categorías menores lográronse dous quintos postos, tanto na categoría xuvenil masculina como na cadete feminina. A pesar de non clasificar para o total, na categoría xuvenil feminina tamén houbo participación de atletas da Ximnástica, sendo Kaoutar Fahmi, con 18:09, a atleta do noso club que chegou en mellor posición, décimosexta, preto de Paola de Montis, que foi décimo novena. Ivan Cores, con 20:08, Pablo Lourido con 22:12, Bedilu Mendoza e Alberto Pérez, foron os atletas xuvenís que conseguiron o quinto posto coas cores da Ximnástica. Paula da Torre foi décima con 9:41, mentres que Blanca Armenteros chegou en vixésima posición con 10:05, preto de Paula Domínguez, que foi vixésimo oitava; dándolle o quinto posto ao club na categoría cadete feminina. Na masculina, Hugo García, con 12:37, foi cuarto, mentres que Nicolás Fontes foi décimo segundo, con 12:58.

Ademais, o fin de semana tamén se disputaron outras competicións nas que a Ximnástica de Pontevedra tivo participación. En Pontevedra realizouse un control de lanzamentos, onde Sergio Paredes e David Rocha lanzaron o martelo até os 52.83 e 49.87 metros, respectivamente.

No Campionato de Andalucía Absoluto, Alberto Salcedo foi segundo nos 200 metros lisos, con 21.63, mentres que Lysvanys Pérez levou o ouro no salto de altura, con 2.11, así como un segundo posto no triplo salto, con 14.64 metros.

6 de febreiro de 2017 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.