O Hospital do Salnés inicia a actividade do seu novo bloque cirúrxico con normalidade asistencial
A Xerencia da EOXI de Pontevedra e O Salnés salienta que iniciou hoxe a actividade programada de operacións no novo bloque cirúrxico do Hospital do Salnés con normalidade asistencial.
Neste sentido, cómpre sinalar que, aínda que o bloque cirúrxico do Hospital arousán xa estaba dispoñible o pasado venres pola tarde -inicialmente, para atender actividade cirúrxica urxente- as patoloxías urxentes atendidas durante
esta pasada fin de semana non requerion da súa posta en servizo.
Liberación de espazos no anterior bloque cirúrxico
Así mesmo, persoal do Hospital do Salnés continuou durante a mañá de hoxe con labores de liberación de espazos no anterior bloque cirúrxico, como inicio da última fase de ampliación do Hospital do Salnés,
que inclúe a execución dunha Unidade de coidados postcirúrxicos e un novo Hospital de Día.
Sobre dita obra, na mañá de hoxe se asinou no Hospital do Salnés a acta de replanteo -documento contractual no que constan as dimensións e espazos a construir, así como diversas previsións desta obra-.