O Espazo Lusquinhos cita aos aficionados ao Scalextric coa primeira proba do Campionato Cidade de Ourense 2017
O Espazo Lusquinhos acollerá pasado mañá, sábado, 4 de febreiro, a primeira proba do Campionato de Scalextric Cidade de Ourense 2017, que organiza a asociación recreativa e cultural Auriense Slot en colaboración coa Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.
O Campionato consistirá en 6 probas sobre asfalto, onde os pilotos poderán poñer en práctica os seus vehículos e as súas habilidades para acadar o mellor tempo posible. Para as clasificacións fináis sumaranse as puntuacións de todas as carreiras.
As probas serán os días 4 de febreiro, 25 de febreiro, 11 de marzo, 6 de maio, 20 de maio e a final , o día 1 de xullo
Haberá tres categorías: Infantil: ata os 11 anos, Junior: ata os 16 e Adultos: dos 17 anos en adiante
As persoas interesadas poden inscribirse na Asociación recreativa e cultural Auriense, a través do teléfono 609833204 ou o mesmo día de cada proba.
A proba do sábado, 4 de febreiro, será de 16 a 22 horas no Espazo Lusquiños, na Avenida de Marín nº16











