publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación definitiva do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, entre os treitos A Susana-polígono industrial (PQ 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (PQ 1+170-2+250). No seguinte enlace pódese consultar toda a información https://goo.gl/MGTEsa.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e do benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

O proxecto ten por obxecto a execución dun itinerario peonil e ciclista na marxe dereita da estrada AC-960, coa finalidade de comunicar o núcleo da Susana e o lugar da Eirexe, que constituirá así un itinerario continuo entre ambas as poboacións.

A senda executarase en dous treitos: A Susana-polígono industrial, onde hai dúas seccións, ambas en formigón coloreado e nas que o ancho varía entre os 3,15 e os 1,80 metros, con separador vexetal nas zonas onde existe máis espazo e bordo delimitador; e o polígono industrial-A Eirexe, un treito de 1.080 metros, cunha sección de 3,15 m, con separador vexetal de 0,9 metros e bordo delimitador de formigón.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións, que son necesarias para garantir a súa funcionalidade: como a reposición e ampliación da drenaxe existente; a execución de gabias para dar continuidade á drenaxe lonxitudinal; deixar servizos para futuras canalizacións; a reposición da sinalización horizontal e a mellora e recuamento da sinalización vertical. Ademais da colocación de proteccións peonís e reposición dos sistemas de contención e de balizamentos e a reposición de servizos públicos e privados.

A senda forma parte das actuacións proxectadas dentro do Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Santiago, co que se está a vertebrar a mobilidade peonil de once ámbitos de Galicia baixo criterios de integración paisaxística, sustentabilidade e seguridade viaria, ao tempo que incentivamos hábitos de vida máis saudables.

1 de febreiro de 2017 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.