publicidade hoxe

O Concello de Ourense lamenta a falta de sensibilidade exercida nas protestas de Seralia na Praza Maior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense lamenta a falta de sensibilidade e de respecto aos traballadores do Servizo de Limpeza exercida esta mañá nas protestas de Seralia (actual adxudicataria da limpeza de edificios municipais) ás portas da Consistorial, na Praza Maior.

O Goberno Municipal respecta escrupulosamente o dereito dos traballadores da empresa Seralia a manifestarse, mais non dun xeito no que perxudica a outros compañeiros do sector e incluso da propia empresa. As protestas desta mañá encheron de papel miúdo o chan e o mobiliario urbán da Praza Maior, obrigando á empresa concesionaria do Servizo de Limpeza, Ecourense, a intensificar os traballos para a súa retirada. A humidade do chan debido á choiva dificultou estes traballos. Asimesmo, as propias traballadoras de quenda de mañá de Seralia no Concello víronse obrigadas a limpar os restos que se introduciron no propio interior da Consistorial, alterando deste xeito a súa xornada laboral.

7 de febreiro de 2017 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.