O Concello da Lama segue a evolución do río Verdugo ante as previsións de temporal
O Concello da Lama mantense alerta ante as intensas choivas caídas ao longo de toda a xornada do día de hoxe que fixo que o caudal do río Verdugo medre de maneira exponencial até alcanzar unha altura considerable, moi diferente á que tiña nos pasados días.
Como medida de precaución, o Concello da Lama procedeu a manter activa e en alerta permanente á brigada de servizos e mantemento municipal por se se producise algún incidente e fóra precisa a súa intervención.
Operarios municipais e do plan de emprego provincial procederon a mediados do mes pasado a realizar labores de limpeza mantemento en lugares de escorrentía así como cunetas dalgúns lugares onde habitualmente prodúcense problemas coa chegada das choivas co fin de facilitar a evacuación das augas pluviais en caso de intensas precipitacións metereolóxicas como as que están a caer na xornada de hoxe sobre o municipio.