O cine regresa ao Teatro Colón coa proxección de “El verdugo”, de Berlanga
Semana intensa a que comeza hoxe no Teatro Colón, con catro citas nas que o cine e a música serán os grandes protagonistas.
O xoves 9 de febreiro, ás 21:00 horas, o cine regresa ao Teatro Colón coa proxección de “El Verdugo”, a obra mestra de Berlanga. Este pase enmárcase dentro dun proxecto conxunto entre a plataforma Screenly (plataforma de crowdticketing para proxeccións de cine) e Caimán Cuadernos de Cine (revista especializada en cine), e forma parte dunconxuntocompleto de proxeccións do mellor cine español de todos os tempos: “El Vergudo”, “El Espíritu de la Colmena” e “Viridiana”, tres películas elixidas na Enquisa Caimán con motivo do número 100 da publicación. En próximas datas se porán en marcha os crowdticketing para as novas proxeccións: “El Espíritu de la Colmena” o 23 de marzo e “Viridiana” o 27 de abril.
A proxección de “El Verdugo” contará cunha charla coloquio posterior dirixida por Jose Manuel Sande, Concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, crítico de cine e colaborador habitual da revista especializada Caimán.
O venres 10 de febreiro, ás 20:30 horas, a banda catalanaElefantesregresa aos escenarios con “NuevesCanciones de Amor y una de Esperanza”,un disco conceptual sobre o amor en todas as súas facetas, con colaboracións da talla de Enrique Bunbury en “Duele” ouLove of Lesbian en “Te Quiero” de José Luis Perales. Elefantes contan con máis de 12 anos de traxectoria profesional e 10 discos editados, nos que atopamos hits tan importantes como “Azul”ou “Que yo no lo sabía”.
O sábado 11 de febreiro, ás20:30 horas, Ferroteatrointerpreta “El Príncipe de la Opereta” un concertoteatralizado con repertorio deLuis Mariano, RocíoDúrcal, Mario Lanza, Nino Bravo, Carmen Sevilla e Gloria Lasso. Unha historia na que se alternarán os celos, a rivalidade e a comicidade coas pezasmáis representativas e deliciosas do célebre cantante irunés.
E o domingo 12 de febreiro, ás 18:00 horas, toda a maxia de “La Flauta Mágica”chegaao Teatro Colón da man de Ferroteatro. Trátasedunha adaptación infantil e en castelán da célebre ópera de Mozart ‘Die Zauberflöte’ (La flauta mágica) que se estreou en Viena no ano 1791.