O Centro de Saúde da Parda organiza dous obradoiros sobre actividade física e prevención da obesidade
O centro de saúde de A Parda en Pontevedra planificou durante o mes de febreiro ata mediados de marzo a celebración de dous obradoiros para tratar cos pacientes procesos coma a prevención da obesidade e o fomento da actividade física, expoñendo tamén beneficios e estilos de vida saudable.
Este programa formativo e asistencial da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés ofértase a pacientes de toda a comarca, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda.
Nambas actividades será necesario dispoñer de cita previa. Pódese pedir información contactando no teléfono 986-86.88.24 do centro de saúde de A Parda en Pontevedra.
Actividade física e prevención da obesidade
O primeiro dos obradoiros no centro de saúde de A Parda -coordinado e organizado pola enfermeira Carmen Abeledo Márquez- comezará o vindeiro mércores 8 de febreiro e profundizará no fomento da actividade física todos os mércores de 10 a 11 horas ata mediados do vindeiro mes de marzo.
Outro obradoiro que comezará no centro de saúde de A Parda en Pontevedra o vindeiro xoves 9 de febreiro en horario de 10 a 11 horas, e cada xoves ata mediados do vindeiro mes de marzo, analizará desde diversas perspectivas a prevención da obesidade, explicando os múltiples beneficios de saúde que xenera o abandono dos hábitos perxudiciais nos pacientes e expoñendo diversas técnicas e estratexias neste eido.
Así mesmo, neste obradoiro sobre a obesidade analizaránse as súas etapas e síntomas, aportando consellos para manterse saudable tras este proceso vital e facendo un estudo dos seus factores de risco.