publicidade hoxe

Mouteira inaugura en Xantar o XII encontro internacional sobre gastronomía saudable e sustentable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Díaz na inauguración do encontro

Marisol Díaz na inauguración do encontro

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, inaugurou esta mañá o 12º Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sustentable que se celebra no marco da décimo oitava edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que desde hoxe, e durante 5 días, se celebrará en Expourense.

A delegada territorial subliñou o respaldo de distintos departamentos autonómicos a este evento internacional de turismo gastronómico. “A gastronomía é o fío condutor destas xornadas que tamén analizan o seu peso na oferta turística dos destinos presentes na feira Xantar. En Galicia, a gastronomía é a segunda motivación que leva ao turista a elixir a nosa Comunidade, polo que debemos mimala entre todos e mostrar as posibilidades culinarias e nutricionais dos nosos produtos agrarios e do mar”, asegurou Díaz Mouteira.

Na súa intervención, Marisol Díaz desexoulles éxito aos organizadores destas xornadas e indicou que “se tratan de cinco días de convivencia nos que temos a oportunidade de coñecer de preto a algúns dos mellores cociñeiros galegos que teñen sona fóra das nosas fronteiras, e tamén a outros profesionais internacionais”.

Este encontro ofrece máis de 200 actividades que apostan pola promoción da calidade dos nosos cociñeiros e que ademais defenden a gastronomía sustentable e saudable poñendo en valor a calidade dos produtos agroalimentarios e do mar de Galicia, Portugal, Costa Rica e Panamá, que este año é o protagonista da edición de Xantar ao participar como país invitado.

En concreto, a Consellería de Sanidade, no marco do Plan Xermola contra a Obesidade, ofrecerá neste encontro unha conferencia sobre a elaboración de menús axustables ás recomendacións da Axenda Española de Consumo, Sanidade alimentaria e Nutrición. Ademais, vai desenvolver un obradoiro práctico para avaliar os nutrientes presentes nas cartas ofertadas na restauración colectiva e presentar métodos doados para a elaboración de pratos con peixe nos menús escolares e para outros colectivos, organizado conxuntamente pola organización empresarial Anfaco-Cecopesca.

1 de febreiro de 2017 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.