Mickey McConnell achega 10 quilos ao Banco de Alimentos con Pescamar
Pescamar, membro do Club de Empresas Obradoiro, continúa colaborando e axudando á sociedade a través da relación de patrocinio co Rio Natura Monbus Obradoiro.
Nesta ocasión foi Mickey McConnell o que se coou entre ‘Os máis’ ao converterse no máximo asistente da xornada 20, ao repartir 10 asistencias (tantas como puntos anotou), permitindo que os seus compañeiros de equipo sumasen 23 puntos no partido ante o ICL Manresa.
O Rio Natura Monbus Obradoiro continúa así colaborando con organizacións sen ánimo de lucro da man de Pescamar a través das actuacións dos xogadores cada vez que algún dos xogadores sexan distinguido no quinteto semanal da liga Endesa.
A base obradoirista explicou que considera “estupenda” a iniciativa de Pescamar de doar conservas e confesou ser “unha gran honra saber que xogando ben axudaremos á xente que o necesita”.