publicidade hoxe

Medio Ambiente inicia as obras de mellora na rede de abastecemento en Covas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeaño
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia hoxe as obras que mellorarán o abastecemento no núcleos Aldea de Abaixo e A Igrexa, en Covas e nos que Augas de Galicia investirá máis de 20.000 euros.

Actualmente en parte do lugar de Aldea de Abaixo e no lugar de A Igrexa non existe abastecemento de auga potable. Con esta obra pretendese darlle este servizo básico as vivendas destes lugares, dentro da parroquia de Covas. Nesta parroquia, xa existe rede municipal de abastecemento, pero quedou a altura das primeiras vivendas no lugar de Aldea de Abaixo.

O subministro de todo o concello de Meaño provén do depósito de auga de Penaguda, situado en Morouzos (Dena) polo que executarase unha tubaxe de abastecemento, conectando na tubaxe principal existente no lugar de Aldea de Abaixo, en dirección ao lugar de A Igrexa, para darlle servizo a tódalas vivendas existentes neste lugar.

Con esta actuación preténdese mellorar as condicións de vida nestas zonas e eliminarse puntos de vertido e, con elo, mellorando a calidade das augas da contorna.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Meaño asinaron un convenio de colaboración co fin de mellorar a situación do abastecemento nestes núcleos e que será cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

1 de febreiro de 2017 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.