Medio Ambiente e Ecoembes organizan un encontro para que os concellos incrementen as taxas de reciclaxe
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Mª Cruz Ferreira Costa, participou esta mañá nunha xornada técnica para que os concellos galegos establezan actuacións e accións que incrementen as taxas municipais de reciclaxe. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecombes (Ecoembalajes España) organizaron unha ronda de encontros para explicar de primeira man as novas ferramentas coas que os concellos poden aumentar a calidade da recollida selectiva que se realiza a través dos contedores amarelos.
Tal e como explicou aos concelleiros de Medio Ambiente e ao persoal técnico convocado, unha maior calidade da recollida pode supoñer de xeito inmediato un incremento importante das cantidades que os concellos recibir, ademais de contribuír á mellorar dos niveis de reciclaxe en Galicia.
Este encontro brindou a posibilidade de presentar aos concellos da provincia de Ourense as principais novidades do convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes (Ecoembalajes España) e cuxa vixencia se prolongará ata o vindeiro ano 2021.
Entre as principais melloras introducidas destaca o establecemento de pluses por boa xestión para aqueles concellos adheridos a Ecoembes que impulsen medida a prol da reciclaxe e a recuperación de envases. É dicir, actualizase de forma gradual as ratios de referencia para acceder aos compensacións por boa xestión, co fin de compensar a aqueles traballen a prol da reciclaxe e recuperación.
Esta previsión é posible grazas ao cálculo de ingresos estimados para os próximos 5 anos, que ascenderán a 102 millóns de euros. Indicou que tendo en conta os datos económicos do convenio anterior –e mantendo as mesmas condicións para o actual período de vixencia- estimase que co novo convenio os ingresos incrementaríanse en máis de 400.000 euros/ano, é dicir, 2 millóns de euros máis respecto do anterior.
Outras das melloras que se introducen son que o cálculo da variación dos prezos de combustible mensualízanse e tamén se definen melloras técnicas e dos procedementos de recollida, coa finalidade de incentivar a participación dos usuarios e que redunden nun incremento da aportación e da recollida de envases; así como aspectos relacionados coa facturación das entidades locais e as ferramentas informáticas á súa disposición, coa finalidade de axilizar os pagamentos.