Marisol Díaz reúnese cos alcaldes de Maceda, A Mezquita e Toén para escoitar as demandas municipais
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, continuou hoxe a rolda de encontros institucionais cos alcaldes da provincia iniciada despois da súa toma de posesión, o pasado mes de novembro. O obxectivo destas reunións é coñecer de primeira man as necesidades dos concellos ourensáns, así como analizar aqueles proxectos que pode desenvolver o Goberno galego neles. Así, hoxe reuniuse cos alcaldes de tres concellos ourensáns: A Mezquita, Maceda e Toén.
Díaz Mouteira trasladoulles aos tres rexedores a intención da Xunta de apoiar e cooperar coas entidades locais co fin de dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas de todos os municipios da provincia e mellorar, así, a súa calidade de vida.