publicidade hoxe

López-Chaves trata coa Asociación de Empresarios de Redondela a promoción do Camiño Portugués pola costa e do comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+
López-Chaves na reunión con empresarios de Redondela

López-Chaves na reunión con empresarios de Redondela

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a Vila dos Viadutos para manter un encontro de traballo coa xunta directiva da Asociación de Empresarios de Redondela. Na reunión tamén estivo presente a tenente de alcalde do concello, María del Carmen Amoedo.

O presidente e vicepresidente do colectivo, Enrique Lago e José Manuel Barbosa, respectivamente, trasladáronlle ao delegado diferentes asuntos de relevancia para o municipio en ámbitos tan diversos coma as infraestruturas, medio ambiente, emprego, comercio e turismo. No que respecta a estes últimos dous puntos, se fixo fincapé na sinalización e promoción do Camiño Portugués pola Costa e do comercio local coa potenciación e fomento do Centro Comercial Aberto de Redondela e doutros eixes comercias do municipio.

López-Chaves escoitou todas as súas consideracións e comunicoulles que a Xunta de Galicia comezará a instalar nas vindeiras semanas as placas e marcos que sinalizarán a Ruta Xacobea do Camiño Portugués pola Costa. Mentres, no que respecta aos temas comerciais, o delegado lembrou a existencia de diversas ordes de axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria que, tanto concellos coma centros comerciais abertos, poden solicitar para promoción e dinamización das zonas comerciais locais así coma para mercados ou prazas de abastos.

No transcurso do encontro, o delegado tamén puido coñecer máis polo miúdo a labor que este colectivo leva a cabo día tras día a prol do fomento empresarial, industrial, comercial, turístico e da hostalería de Redondela a través das diversas campañas e promocións que desenrolan nas diferentes épocas do ano.

22 de febreiro de 2017 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.