publicidade hoxe

Licitadas por case tres millóns de euros as obras de execución do centro de saúde de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal Portada
A-
A+

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación as obras de execución do centro de saúde de Gondomar, cun orzamento de case tres millóns de euros e que contará cun prazo de execución de 14 meses. O edificio destinarase a centro de saúde, de acordo ao programa de necesidades, a maiores, o proxecto resolve a contorna urbanizado da parcela e o seu encontro co parque fluvial. Para obter máis detalles pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/nGfTTb.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) contratará e executará as actuacións por encomenda do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que aprobou o proxecto, que ten por obxecto a construción do centro de saúde municipal, infraestrutura básica para os veciños deste municipio.

O inmoble divídese en áreas funcionais, con división lonxitudinal en dúas bandas, unha orientada sempre cara o patio, que enlaza todas as áreas públicas de espera e circulación, mentres a outra crea un anelo de carácter especializado de atención personalizada ou servizos específicos.

Na área médica contarase con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermería; unha consulta de matronas e outra sala de educación maternal. Tamén haberá despachos para o xefe de servizo de unidade e para o traballador social; unha sala de toma de mostras, outra de espera; unha sala de técnicas e dúas polivalentes.

A área de pediatría contará cunha consulta; unha sala de espera propia; unha consulta de enfermería pediátrica e un aseo. Finalmente, nas zonas de administración e outros usos executaranse una área de admisión; un arquivo de historias clínicas; dous almacéns; unha sala de caldeiras; outra de estar para o persoal e aseos, tanto públicos como para o persoal. Ademais de sala de xuntas e biblioteca.

Convivencia coa contorna

A situación da parcela, de 4.974 m2, supón a transición entre este e o sistema de edificación dispersa que o rodea, polo que o proxecto busca incorporar a riqueza da súa contorna, contribuíndo a poñela en valor e fomentar o seu uso e conservación, dando lugar a un espazo colectivo de gran valor e potencial. O edificio organiza o seu funcionamento a través dun patio aberto ao río Mañufe, que da inicio á presenza da natureza nos espazos construídos.

A forma de patio aberto permite establecer unha relación deste inmoble cos edificios lindeiros, creando unha praza de acollida que involucra esta área co casco e co paseo fluvial. Esta situación vese reforzada ao ter unha entrada ao edificio que o fai permeable ao unir a galería, que forman as zonas de espera e a circulación do patio, co acceso acristalado.

O edificio repártese en niveis para conseguir liberar un área da parcela que combine os usos públicos necesarios para os veciños, como a mellora do ámbito fluvial, ao mesmo tempo que se pon en valor camiño “Das Ánimas”.

Esta actuación tamén contempla a execución dunha praza accesible por cada 33 prazas de aparcamento. En todo caso, estes espazos disporán a lo menos dunha praza accesible por cada praza reservada para usuarios de cadeiras de rodas.

Para a finalización da construción do edificio, precisarase, entre outros traballos, débense realizar movemento de terras; saneamentos; estruturas; tarefas de albañilería, execución de pavimentos; carpintería e aislamentos e impermeabilización. Ademais, haberá traballos de pintura; fontanería; e eléctricos.

A construción deste novo centro de saúde permitiralles tanto os profesionais como os pacientes e usuarios dispor dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, e que dará mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste concello pontevedrés.

13 de febreiro de 2017 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.