Licitada a obra de reparación da ponte do Xallas para incrementar a súa seguridade
A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inicia hoxe as obras de reparación da ponte do Xallas (AC- 550) co fin de aumentar a súa seguridade e evitar posibles desprendementos. Esta actuación ten un prazo de execución de 3 meses e conta cun orzamento de máis de 420.000 euros. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/xDkQvC.
Esta actuación, que se desenvolverá concretamente no punto quilométrico 9+900 da AC-550 na desembocadura do río Xallas, limítrofe entre os concellos coruñeses de Dumbría e Carnota.
A estructura ten varios danos que, aínda que non supoñen ningún perigo dende o punto de vista estrutural, poden reducir a durabilidade da ponte.
As obras consistirán, principalmente, no selado das fisuras existentes; a reparación de desconchóns no formigón, previo tratamento das armaduras; a eliminación e prevención de humidades e mellora do drenaxe mediante: limpeza de humidades e mellora da drenaxe da calzada. Ademais do fresado do firme para impermeabilización do taboleiro e a repavimentación; colocación de sumidoiros e reposición de baixantes.
Por outra banda, tamén se mellorarán os sistemas de contención, reparación de varandas; colocación de nova barreira flexible metálica e de sinalización vertical. Preveese, ademais, obras complementarias como a reposición da protección metálica das canalizacións eléctricas e de telefonía e a instalación de elementos para a iluminación artística da ponte.