Ignacio López-Chaves visita o centro sociocomunitario de Bouzas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
López-Chaves na visita ao centro sociocomunitario

López-Chaves na visita ao centro sociocomunitario

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o Centro Sociocomunitario de Bouzas. Acompañado pola súa directora, Inés Jiménez Durán, o responsable da Administración autonómica na cidade percorreu as instalacións e coñeceu aos beneficiarios dos cursos de taichi e de informática, unhas das múltiples actividades que o centro oferta para os máis maiores da zona. Os usuarios e usuarias do centro sociocomunitario de Bouzas teñen unha ampla oferta anual de actividades e cursos que pasa por obradoiros culturais, de alfabetización, axilidade mental, corte e confección, bolillos ou informática, entre outros, así coma cursos de canto, pilates, ioga, ximnasia de mantemento ou taichi, entre outros.

2 de febreiro de 2017 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.