Exposición sobre o Entroido de Conxo
Este venres 17 de febreiro, ás 20:00 horas, inaugúrase no Centro Sociocultural de Conxo unha pequena exposición didáctica: O Entroido de Conxo. Os Conformistas.
A través dunha selección de imaxes e dalgún texto, esta mostra percorre os máis de 25 anos da agrupación Os Conformistas, que recollía o legado da vivencia do Entroido no barrio como se ten transmitido na memoria oral. A exposición estará aberta ata o 1 de marzo.
Os Conformistas nacen en 1989 e hoxe contan con entre 30 e 45 integrantes, que durante o Entroio desfilan polas rúas da cidade, disfrazados/as e interpretando catigas satíricas de temática actual, política ou social, ao ritmo dos seus instrumentos e bailes.