publicidade hoxe

Este mércores comezarán as obras de demolición dos dixestores da estación depuradora de augas residuais de Reza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

As obras de construción da nova estación depuradora de augas residuais (Edar) de Reza iniciarán nunha nova fase mañá, mércores, 8 de outubro, co comezo dos traballos de demolición dos dixestores da actual estación. A execución destas obras está a ocasionar molestias excepcionais polos malos olores que se perciben na contorna das instalacións.

Os dixestores almacenan os lodos resultantes no proceso de depuración da auga, lodos que son utilizados como abono agrícola. O Concello de Ourense solicítalle á veciñanza que desculpe as molestias que ocasionan estes traballos, dado que son necesarios para avanzar na construción desta nova infraestrutura de depuración de augas, básica para o ciclo da auga na cidade. 

7 de febreiro de 2017 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.