Este domingo non haberá mercado de antigüidades na Praza Maior de Ourense
O próximo domingo, día 5 de febreiro, non haberá mercado de antigüidades na Praza Maior. A Concellería de Comercio do Concello de Ourense acometeu a regularización deste mercado que tradicionalmente se viña celebrando o primeiro domingo de cada mes. Esta regularización é consecuencia do acordo aprobado polo Pleno do Concello na súa sesión do día 13 de xaneiro.
Con esta finalidade, requiriu aos participantes para que presenten a documentación necesaria para obter a autorización da actividade.
Durante estes días, os vendedores están a presentar a documentación requirida, que será estudiada polos técnicos municipais a efectos de determinar, a través dos correspondentes informes, se cumplen os requisitos e normativas aplicables, especialmente a ordenanza de venda ambulante.
Mais a maior parte dos participantes ainda non presentou a documentación.
Por ese motivo, non haberá mercado este primeiro domingo de febreiro.











