publicidade hoxe

Chega a Carballo a música de Caxade, o teatro en familia de Sarabela e a arte do Certame Isaac Díaz Pardo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Música, teatro e arte é o trío de propostas dos Venres Culturais para esta semana despois do bo sabor de boca (e neste caso non é só figurado) que deixou a “Raclette” de Ibuprofeno Teatro.

Este venres toma o relevo a música para achegarnos “E isto é o amor”, o terceiro álbum da banda de Alonso Caxade, que en moi pouco tempo conseguiu situar o seu particular proxecto musical coma un dos referentes musicais galegos, con premios coma Martín Códax da Música, Premio Opinión ao Mellor Artista ou Premio Música Xove. Este venres chegará ao Pazo da Cultura acompañado pola súa banda, coa que retoma os antigos sons das orquestinas da Europa de principios do século XIX engadindo certos toque surrealistas e un discurso reivindicativo nas súas letras.

Caxade
Venres, 10 de febreiro
21.00 horas / Pazo da Cultura
Publico adulto
Prezo da entrada: 3 € (con desconto, 2)

O teatro volverá o domingo, desta volta da man de Sarabela Teatro e cun espectáculo para desfrutar en familia. “O secuestro da bibliotecaria” é a disparatada e divertida historia duns bandidos que pretenden xerar un caos cultural secuestrando á bibliotecaria e obrigando ás autoridades a pagar un rescate. Pero a historia vaise complicar máis do que esperan, para converterse unha comedia chea de maxia e tenrura. Sarabela Teatro é unha das compañías máis consolidadas de Galicia, cunha traxectoria de 36 anos e numerosos galardóns, polo que o espectáculo está servido.

Sarabela Teatro
“O secuestro da bibliotecaria”
Domingo, 12 de febreiro
18.00 horas / Pazo da Cultura
Público a partir de 5 anos
Prezo da entrada ordinario: 3 euros (con desconto, 2 €)

A oferta cultural desta semana inclúetamén a exposición das obras seleccionadas no XIV Certame de Artes Gráficas Isaac Díaz Pardo, que poderá verse a partir do sábado 11 no 3º andar do Pazo da Cultura. No andar -1 continúa aberta ata o día 19 a mostra de Chiña e MonLendoiro “Un mar de sensacións”.

6 de febreiro de 2017 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.