publicidade hoxe

Charla gratuíta en Ordes baixo o título ‘Educando con disciplina positiva’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Museo do Traxe acollerá mañá, 3 de febreiro, e o vindeiro venres día 10 a charla ‘Educando con disciplina positiva’. O horario irá dende as 18 ata as 20.30 horas e a entrada será de balde ata completar o aforo. A encargada de conducir a sesión será Bibiana Infante Cano, psicóloga fundadora de Disciplina Positiva Galicia. A iniciativa está organizada pola ANPA do colexio Campomaior, O Futuro, e que conta coa colaboración do Concello de Ordes. 

A disciplina positiva ensina a tratar e educar dende o respecto e a igualdade, ofrecendo as ferramentas e o apoio necesarios para educar con saúde emocional e aliviar a sensación de frustración que invade a pais e nais que non son capaces de controlar o comportamento dos seus fillos e fillas. Para máis información pódese consultar a páxina http://disciplinapositivagalicia.com/.

2 de febreiro de 2017 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.