publicidade hoxe

Bueu licita o servizo de mantemento de ascensores e elevadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O BOPPO publicou hoxe o anuncio de licitación do servizo de mantemento e conservación dos ascensores e aparatos elevadores instalados nas distintas dependencias municipais: Concello, Casa Cultural de Cela, Casa da Música Manuel Omil, Centro de Saúde, Centro Social do Mar, Praza de Abastos, CEIP A Pedra e Casa do Pobo de Beluso.

Os pregos poden verse na Plataforma de Contratación do Estado, con acceso desde a web municipal, e establecen un orzamento de 32.524,80 euros, e unha duración do contrato de dous anos con ata dúas prórrogas anuais.

Para a presentación de ofertas, deberán entregarse dous sobres no Rexistro Xeral do Concello. No sobre A irá a documentación acreditativa da vontade de participar na licitación, e no sobre B, deberá figurar a oferta económica.

As tarefas que, entre outras, deberá acometer a que resulte adxudicataria son as de conservación e mantemento dos ascensores e montacargas, substitución de todos os compoñentes, pezas e accesorios deteriorados, e as actuacións urxentes que sexan necesarias para o bo funcionamento das instalacións.

20 de febreiro de 2017 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.