publicidade hoxe

Bueu abre o prazo para o acondicionamento do local destinado a servizos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu abre o prazo para a presentación de ofertas para o acondicionamento de local destinado á re localización dos servizos municipais de Benestar Social e Igualdade. O anuncio foi publicado esta mañá na Plataforma de Contratación do Estado (con acceso desde a web municipal) e as ofertas poderanse presentar durante oito días naturais.

O orzamento de licitación é de 26.428,35 €, IVE incluído, e no proxecto técnico do Concello barállase un programa de necesidades consistente na redistribución dos espazos interiores do inmoble para a súa adaptación ao seu novo uso mediante tabiques de escaiola e todas as accións precisas para mellorar a súa imaxe; así como a adaptación da instalación eléctrica á nova distribución, e a reparación e posta en funcionamento da caldeira.

Este local da rúa Eduardo Vincenti, pertencente a Abanca, xa se adxudicou na sesión plenaria do mes de marzo do pasado 2016 por un importe de alugueiro de 605 euros, con IVE, por un prazo de cinco anos.  As características que tivo que cumprir son varias: estar dentro do casco urbano de Bueu, con acceso directo dende a rúa e na planta baixa, cunha distancia máxima da Casa do Concello de 200 metros, e cunha superficie mínima de 200 metros cadrados. 

8 de febreiro de 2017 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.