Bande acolle un obradoiro de tracción animal para a xestión forestal
Nos últimos anos ten gañado a tracción animal un papel importante como alternativa complementar à tracción motorizada co aumento do uso de tal tecnoloxía en pequenas e medias explotacións agrícolas (horticultura, viña, xestión forestal) nos países máis desenvolvidos da Europa como Francia, Alemaña, Reino Unido, Suecia ou Suiza entre outros, onde se comprobou a súa viabilidade económica, aliada a un menor impacto sobre o medio.
Obsérvase un crecente e renovado interese polo uso da tracción animal como unha fonte válida de enerxía. A necesidade de preservar a agrobiodiversidade, de reducir as emisións de carbono, de estimular a autosuficiencia e reducir o consumo de recursos non renovábeis contribuiu tamén para esta tendencia.
Na Baixa Limia, onde a utilización da tracción animal foi unha realidade constante ata hai pouco, e onde existen ainda pequenos produtores que continuan a recorrer a esta tecnoloxía, a APTRAN – Associação Portuguesa de Tracção Animal ven por este medio propor a realización dunha xornada de formación, dedicado à xestión forestal sustentable.
Preténdese dotar aos formandos de información adecuada que permita recoñecer na tracción animal unha solución moderna, de menor impacto e económicamente viable, competitiva e sustentable, como complemento ou mesmo en alternativa aos modelos convencionais normalmente utilizados.
Programa:
Contidos teóricos:
08:30 a 09:15 A tracción animal no século XXI
09:15 a 10:15 Ecoloxía e ordenamento dos espazos forestais
· Xestión forestal sustentable.
· Impacto económico da xestión forestal.
10:15 a 11:00 Xestión forestal e tracción animal.
· Aplicacións da tracción animal en operacións de xestión forestal: aspectos a considerar.
11 .11.30 Pausa
11.30 a 14.30
Contidos prácticos:
Arreios específicos utilizados no traballo forestal.
Ferramentas específicas utilizadas no traballo forestal con tracción animal.
Técnicas de traballo no medio forestal.