publicidade hoxe

Augas de Galicia realiza tarefas de mantemento e conservación das marxes do río Barxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, executou os traballos para o mantemento e a conservación das marxes do río Barxa, en Vigo. Esta acción supuxo un investimento aproximado de 580 euros e consistiu na retirada de árbores e pólas caídas á canle do río.

Ademais, os traballos desenvolvéronse en puntos concretos do treito do río Barxa que discorre polo Camiño do Monte, na parroquia de Castrelos.

Con esta actuación, Augas de Galicia pretende mellorar os espazos de dominio público, as zonas de acceso e a protección das marxes dos ríos nas bacías da conca Galicia-Costa. A importancia destes traballos radica na prevención, mantemento e conservación dos espazos naturais de ribeira co fin de garantir o equilibrio dos ecosistemas e a calidade dos recursos hídricos de Galicia.

27 de febreiro de 2017 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.