As sesións de Tai Chi e Pilates trasládanse a Fexdega e o Auditorio
A Fundación Municipal de Deportes avisa aos usuarios e usuarias das actividades deportivas que se desenvolven no pavillón da Escardia que durante esa semana as sesións trasládanse ás dependencias do Auditorio e Fexdega. A causa é o recén vernizado do parqué do pavillón do colexio que, debido á humidade destes días, aínda non secou.
Por esta causa, as sesións de tai chi celebraranse nas instalación de Fexdega co mesmo horario, mentres que as clases de pilates pasan esta semana ao Auditorio Municipal, tamén conservando os seus horarios habituais.
A vindeira semana, as actividades regresarán ao pavillón do colexio da Escardia.