publicidade hoxe

As Deporte Escolas de fútbol xuntan 2.000 rapaces cada fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Arredor de 1.800 rapazas e rapaces da provincia xogan cada fin de semana decenas de partidos de fútbol en equipos mixtos como parte da súa formación dentro do programa DEPOrte Escolas da Deputación, que se desenvolven nesta modalidade deportiva, adaptada ás distintas idades, en 27 concellos.

Os campos dos municipios que acollen as escolas van acollendo alternativamente as sucesivas competicións, que se disputan nas categorías de Biberón (5 anos), Mini (6 e 7 anos) ,Pre-benxamín (8 e 9 anos), Benxamín (10 anos) e Alevín (11 e 12 anos).

As DEPOrte Escolas son un novo programa, totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para que teñan a posibilidade de iniciarse no seu deporte preferido, dentro do seu propio concello ou en calquera outro se nese non se imparte a formación deportiva na que desexan inscribirse.

O programa desenvólvese desde setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, nas modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.

Un total de 27 concellos contan con escolas de fútbol no programa DEPOrte Escolas deste ano. Son: A Guarda, Agolada, Arbo, As Neves, Cambados, Campo Lameiro, Cerdedo, Cotobade, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Moraña, Mos, Oia, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Rodeiro, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

20 de febreiro de 2017 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.