Apróbase unha nova zona de residentes na praza do Irmán Gómez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia comunica a aprobación provisoria dunha nova zona de estacionamento de residentes no Casco Histórico, na praza do Irmán Gómez, co mesmo réxime que o resto das zonas de semellantes características, regulado no artigo 35 da Ordenanza Municipal de Circulación e Uso da Vía Pública.

Os residentes que acceden ao Casco Histórico pola rúa Cardeal Paya, empadroados nunha das rúas ás que teñen que acceder por esa porta de acceso e que abonen o imposto de circulación do vehículo nesas rúas, poderán solicitar no Rexistro do Concello a Tarxeta de Residente, que lles dará o dereito a poder estacionar pola noite nalgún dos lugares destinados a tal fin.

20 de febreiro de 2017 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.