publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ames envía 500 quilos de roupa e produtos non perecedoiros para os refuxiados de Thesalonika

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) organizou unha campaña de recollida de roupa e alimentos para os refuxiados que se atopan na localidade grega de Thesalonika. Esta campaña realizouse co obxectivo de xuntar roupa de abrigo e produtos non perecedoiros, debido á vaga de frío que afecta a toda Europa. A través desta campaña recolléronse preto de 500 quilos de roupa e comida. O envío dos produtos recadados fixo a ONG Families4Peace a través da Fundación Seur.

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, organizou unha campaña de recollida de roupa e alimentos non perecedoiros para os refuxiados que se atopan na localidade grega de Thesalonika. Foi unha iniciativa solidaria, posta en marcha de xeito urxente, para recadar roupa de abrigo, térmica ou moi quente (abrigos, chuvasqueiros, roupa interior nova de home ou e muller, gorros, luvas, botas de tallas grandes, roupa térmica, roupa de home, etc.) e comida (conservas de peixe, marmelo, galletas, cuscús, arroz, azucre, té, café…) debido á vaga de frío que afecta a toda Europa.
A través desta iniciativa xuntáronse preto de 500 quilos de roupa e comida. Segundo indican dende a Oficina de Voluntariado o 95% do material recadado é roupa de abrigo e o 5% restante son alimentos non perecedoiros. Ademais, agradecen a implicación nesta campaña solidaria de toda a veciñanza amesá, que unha vez máis demostraron que Ames é un concello solidario. O envío dos produtos recadados fixo a ONG Families4Peace a través da Fundación Seur.

2 de febreiro de 2017 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.