acuBam amosa os viveiros tomiñeses a profesionais da xardinería
Acubam acolle este sábado, 11 de febreiro, una visita de 20 profesionais de Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería) para amosarlles os viveiros de Tomiño, e celebrar unha xornada técnica.
Dende Acubam explican que a finalidade desta nova actividade é a de achegar a asociación de cultivos ao sector da xardinería en particular, e dar a coñecer ao mesmo tempo, a Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que se celebra os días 4 e 5 de marzo en Goián.
O programa previsto comezará ás 10 da mañá e rematará ás 19.00. O punto de encontro será Coplant (Comercializadora de Planta Ornamental), situada preto da Ponte Internacional (Goián). A partir de alí, visitarase os viveiros Corema, Galiplant, Río Tollo, Da Barxa e Nilo. Tras o xantar, o percorrido continuará polos viveiros Casaíta, Rocha e Vidaplant.