publicidade hoxe

Aberto o prazo de solicitude para participar no novo Musiqueando

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Os grupos de música, que queiran participar nesta programación provincial poden facelo ata o 16 de marzo, e os Concellos, asociacións ou comisións ata o 31 do mesmo mes. Os interesados en participar no Musiqueando teñen na páxina www.deputacionlugo.gal habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20% restante, será achegado polos Concellos, asociacións ou comisións, que soliciten ditas actuacións. A achega do organismo provincial, que dependerá do número dos integrantes dos grupos de música, é a seguinte:

Bandas de música

Bandas de menos de 15 integrantes: 600 euros.
Bandas entre 15 e 24 integrantes: 880 euros.
Bandas entre 25 e 39 integrantes: 1.200 euros.
Bandas entre 40 e 50 integrantes: 1.600 euros.
Bandas de máis de 50 integrantes: 2.000 euros.

Grupos de música tradicional

Grupos de música tradicional con menos de 10 integrantes: 400 euros.
Grupos de musica tradicional entre 10 y 20 integrantes: 600 euros.
Grupos de música tradicional con máis de 20 integrantes: 720 euros.

Corais

Corais hasta 20 membros: 480 euros.
Corais con máis de 20 integrantes: 640 euros.

Obrigas e compromisos

Os Concellos e entidades que soliciten as actuacións deberán cumprir con diferentes medidas, como organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento, non facer ningunha modificación na actuación sen a autorización da Deputación, ou empregar o galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento.

Pola súa parte, as bandas e grupos musicais deberán facer actuacións cun máximo de duración de hora e media, podendo levarse a cabo nun único pase ou pola contra en dous pases de 45 minutos cada un, e non poderán facer ningunha modificación na actuación sen o permiso da Deputación.

Novidades

Á hora de seleccionar aos grupos, a Deputación terá en conta aspectos como a proximidade entre o grupo de música e o Concello, ou tamén o número de veces que xa actuaron en dito municipio, co fin de conseguir unha rotación entre grupos e Concellos.

Os grupos corais, bandas de música e grupos tradicionais, non poderán participar grupos infantís formados menores de 13 anos. Se nalgún dos grupos existisen membros menores de idade, deberá contar coa autorización, así como unha certificación pola que se fará cargo da súa seguridade e demais responsabilidades derivadas, a persoa responsable do grupo de música, banda ou coral participante neste Programa.

15 de febreiro de 2017 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.