publicidade hoxe

A Xunta subvenciona a posta en marcha de catro novos servizos de taxis adaptados en Lugo, Monforte e en Ribeira de Piquín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonforte de LemosRibeira de Piquín
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda subvencionou a posta en funcionamento de catro novos servizos de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida, dous deles na capital, outro no municipio de Monforte de Lemos e un cuarto no de Ribeira de Piquín.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou que a consellería admitiu todas as solicitudes que se presentaron na provincia para a adquisición de vehículos taxi adaptados, e cada taxista recibiu unha achega de 10.000 euros, tal e como establecía a orde de convocatoria de axudas.

O delegado territorial coñeceu hoxe un dos vehículos adaptados e tivo a oportunidade de valorar a medida co seu propietario, Alberto Vieites Pérez, que presta servizo na cidade de Lugo.

Balseiro subliñou que a través deste programa a Xunta colabora co sector do taxi para mellorar a súa competitividade, pero sobre todo, “axuda a garantir a igualdade e os dereitos das persoas con problemas de mobilidade”.

“Dispoñer dunha oferta ampla e adaptada de transporte público – asegurou o delegado- é unha das medidas máis eficaces para garantir a autonomía das persoas con mobilidade reducida”.

6 de febreiro de 2017 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.