publicidade hoxe

A Xunta colaborará no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Combarro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+

A Xunta colaborará na celebración do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar o vindeiro verán no porto de Combarro, no municipio pontevedrés de Poio. Así o confirmou a Consellería do Mar nunha reunión de traballo cos responsables da Federación Galega pola Cultura Marítima-Culturamar, entidade organizadora do encontro.

A Consellería do Mar trasladou aos directivos de Culturmar o apoio firme da Administración ao impulso ás iniciativas de protección e posta en valor das embarcacións tradicionais e o patrimonio marítimo. Así mesmo, é moi positivo para a nosa comunidade que este tipo de eventos teñan lugar en portos de titularidade autonómica como é o caso do de Combarro.

A colaboración da Consellería do Mar co evento canalizarase a través dun convenio entre ambas partes no que quedarán contempladas as accións expresas a executar polo organismo. En concreto estas estarán referidas á cesión do uso das infraestruturas portuarias durante os días de desenvolvemento do encontro así como ao apoio loxístico por parte do persoal e equipamentos da Consellería do Mar, mantendo sempre o requisito de non interferir na operatividade e normal actividade portuaria de dito peirao.

22 de febreiro de 2017 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.