publicidade hoxe

A Senda Litoral tamén se viu afectada polos efectos do temporal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Efectos do temporal

Efectos do temporal

Despois de feitas as valoracións dos desperfectos provocados polo temporal do pasado xoves día 2 de febreiro, o concello da Guarda considera como desperfectos importantes, ademais do xa coñecido a través dos medios de comunicación do Espigón do porto, os efectos producidos polo temporal na Senda Litoral.

O mar afectou aproximadamente uns 200 metros de senda, nalgúns casos movéndoa do seu lugar e, nunha lonxitude aproximada de 50 metros, facéndoa desaparecer. Os restos da senda acabaron esparcidos polas fincas ata onde chegou a auga do mar. Ademais disto, na propia senda o temporal provocou unha avaría no colector que vai á depuradora no que están traballando os servizos municipais para darlle unha solución de urxencia.

O alcalde da Guarda, este mesmo luns, púxose en contacto con Costas do Estado para solicitar axuda para reparala o antes posible, dado a gran cantidade de usuarios que ten esta infraestrutura.

Ademais destes dous grandes desperfectos, nunha valoración pormenorizada, obsérvase un gran número de pequenos incidentes como baldosas levantadas, bancos rotos, desaparición de papeleras, etc., que haberá que ir repoñendo nas próximas semanas.

7 de febreiro de 2017 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.