publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A OMIX da Guarda organiza un obradoiro sobre a elaboración de chocolates

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A OMIX da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, está a organizar e levar a cabo numerosos e diversos cursos e obradoiros formativos nestes meses de comezo de ano.

Un destes obradoiros de formación que acaba de anunciar está encadrado no sector da cociña e, en concreto, será un taller sobre elaboración de chocolates. Os participantes aprenderán a realizar chocolates con froitos secos, chocolates con crema e froita, pralinés e bombóns ou filigranas e decoracións, entre outras cousas.

O prezo desta actividade é de 26 euros, no que xa se inclúen todos os materiais que serán necesarios para a realización dos chocolates. O obradoiro terá lugar os días 15, 22 e 29 de marzo, das 19 ás 21 horas.

Para realizar as inscricións e para máis información pode dirixirse á OMIX, a través do teléfono 986614546, no mail informacion@aguarda.es  ou no perfil de FACEBOOK da OMIX.

20 de febreiro de 2017 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.