A mostra do Certame Díaz Pardo pon fin en Carballo a súa itinerancia por dez concellos
A exposición do Certame Díaz Pardo da área de Cultura da Deputación da Coruña pecha no Pazo de Cultura de Carballo a súa itinerancia por dez concellos. A exposición permanecerá aberta até o vindeiro 28 de febreiro.
Até o vindeiro día 28 de febreiro permanecerá aberta no Pazo de Cultura de Carballo a exposición do XIV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña no que será a súa última cita da súa itinerancia.
Despois de visitar nove concellos da provincia, a exposición abre as súas portas en Carballo coas obras seleccionadas polo xurado do XIV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da área de Cultura da Deputación da Coruña .
Como recollían as bases do certame, a Deputación mercou obra de catorce artistas que o xurado seleccionou das 169 creadores e creadoras que se presentaron con 294 obras. As obras escollidas polo xurado composto por Alfonso Abelenda, Ana Gándara, Santiago Juega, Xosé Díaz Arias de Castro, Yolanda Martínez, Marta Pardo de Vera e Juan Rodríguez-Lepina forman parte agora da mostra que se pode ver en Carballo
Raúl Álvarez, Paula Aneiros, María Blanco, Pedro Bueno, Diego Cabezas, José Manuel Castro López, Felix Fernández, Alina Granados Ana Lamuño, María Meijide, Xosé Luis Otero Becerra, Rilo, David Catá e Vítor Rodríguez Espiñeira son os nomes dos e das artistas aos que a Deputación adquiriu obras que pasan a formar parte do seu patrimonio e compoñen a mostra que se pode visitar en Outes até o vindeiro 9 de febreiro. Xunto elas, súmanse na mostra outras pezas seleccionadas polo xurado das presentadas ao certame que chega neste ano a súa quince edición.